Cada estación do ano é propia para practicar
determinados xogos. Por exemplo, no verán os nenos xogan ó gua com bolas de
cristal, de barro ou de mármore, e as nenas ó peletre, á mariola ou ó truque; no outono as nenas entretéñense
coa corda ou a goma e os nenos co trompo;
no inverno, nenos e nenas xogan á estornela
ou Hai xogos comuns de nenos e nenas vixentes durante todo o ano, como os corros e rodas, os xogos de prendas,
a pita cega, o aro, as pompas de xabrón,
os xogos de estatuas, os xogos coas mans, as tabas, os xogos con cromos ou con chapas,
a raia, as agachadas, os xogos de
policías e ladróns, os pulsos,
as catro esquinas, o vexo-vexo, três en raia, submarinos,
os tesouros, o pincho, ovo-pico-araña...
Anque poupo a pouco van desaparecendo,
consérvanse em Galícia variados xogos e xoguetes tradicionais infantís, que se
foron transmitindo de xeración em xeración.
Ás veces tem moita importância a
habelencia física como andar á pata
coxa, á carreta ou para atrás,
nas carreiras de cabalos, no marro, no pano...
Para designa-los equipos ou eliminar
componentes xógase a sortes con paos, a cara ou cruz, coa china,
mediante pés...
Moitos xogos tradicionais infantís
necesitan elaborar preciamente os utensílios para poder practicalos. Isto
require a busca de materiais axeitados e paciência para construí-lo xoguete. Coas canas secas das antigas
vassoiras caseiras, con papeis de cores e con cordéis facíanse cometas para que voasen os días de
vento. Tamén con canas se construían grileiras
e frautas. As zoadeiras obtéñense con cascas de árbores ou con noves, as bonecas con carozos de milho, os tiratacos con canivelas de sabugueiro,
os ruxe-ruxe con xuncos
habelenciosamente traballados, mostros con cabazos...
Os xogos e xoguetes varían dunhas
comarcas a outras, as zonas rurais ás zonas urbanas, do interior á costa...
Varían tamén os nomes dos utensílios e ás veces as normas e regras polas que se
rexen. E, malia todo, teñen características semellantes em toda Galicia, o que
indica que forman parte dun acervo único e bem definido.
Disponível em
Disponível em
DOMÍNGUEZ, Manuel A. Fernández et al. Xeografía e História 2ESO. Madrid:
Edicións Xerais de Galicia, S.A, 1997.
Enviado por Dayanne
Helena Thomé da Silva.
No hay comentarios:
Publicar un comentario