De cinco a sete provincias:
A Galicia Moderna comeza no 1480
e aparece estructurada en cinco "provincias": Santiago, Betanzos,
Lugo, Mondoñedo e Ourense. Estas eran as únicas cidades de Galicia e, polo tanto,
as únicas favorecidas co dereito de representación na "Xunta do
Reino". Esta división persiste ata mediados do século XVI. Tui e A Coruña
acadan o acceso á Xunta do Reino. nacen así as sete provincias de Galicia,
aínda que sería máis exacto falar das sete cidades que, cos seus
representantes, procuradores ou deputados integran dende entón a Xunta ou
Deputación do Reino.
O territorio que abarcaba cada unha destas sete provincias non estivo en principio fixado de forma precisa. Só no século XVIII se abordou a súa delimitación.
O territorio que abarcaba cada unha destas sete provincias non estivo en principio fixado de forma precisa. Só no século XVIII se abordou a súa delimitación.
Estas eran desiguais en extensión, poboación
e número de vilas. Frecuentemente sóese comparar as vellas sete
provincias coas actuais nacidas do constitucionalismo pero temos que dicir que
o seu sentido é moi diferente. Galicia, no século XVIII, é un reino e como tal
estructúrase e goberna baixo formas típicas do Antigo Réxime.
Por iso fálase de Galicia como
provincia aínda que mellor sería denominala reino-provincia, desta forma as
sete provincias históricas perden transcendencia. Estas sete
"provincias" son a extensión xurisdiccional abarcada por cada unha
das cidades que teñen procurador na Xunta do Reino.
Necesidade dunha verdadeira división provincial de España
Coa invasión napoleónica e a subseguinte reacción popular española, chega a hora de convocar Cortes. No caso de Galicia preséntase a cuestión de a quén se debía chamar a Cortes, ¿asumiría este papel representativo a vella Xunta do Reino? O levantamento popular creara xa os seus instrumentos de representación e goberno: As Xuntas Revolucionarias.
Galicia contaba xa no 1808 cunha Xunta Suprema abocada agora a se converter no instrumento básico para a representación de Galicia nas Cortes de Cádiz. Esta Xunta non monopolizou a presencia galega nas Cortes, senón que se arbitrou un sistema mixto que daba acceso tamén a deputados escollidos polas cidades e polas vellas provincias: Xunta, cidades e "provincias" formaron a representación galega nas Cortes de Cádiz, ampliándose así a representación ata agora vixente. Mais isto era tan só algo temporal. Unha vez restaurada a normalidade en España e expulsado o invasor e preciso imaxinar un procedemento novo. É entón cando se deseña un instrumento de representación: A PROVINCIA. É preciso dividir racionalmente o territorio español en provincias que serán a base da futura representación e Cortes. División provincial e Cortes convértense así en elementos inseparables que se xustifican mutuamente.
Este radical cambio vai afectar ó vello instrumento de representación galego, a Xunta do Reino e a arcaica división en cidades cabeza de provincia. Estes elementos están chamados a desaparecer. Pero a Constitución de Cádiz foi incapaz de afrontar unha operación tan complexa e todo foi aprazado. Galicia aínda viviu moito tempo considerada como unha provincia- reino perdurando a súa vella Xunta como canal de representación dos intereses galegos ante as Cortes ata 1834.
División de Galicia en catro provincias
As Cortes comezaron pronto os seus traballos para a división provincial ordenando levantar a Carta Xeográfica de España imprescindible para unha exacta delimitación territorial. Créase a Comisión Especial de División do Territorio (1820). O resultado do decreto en 1822 foi a división de Galicia en catro provincias: a Coruña, Lugo, Ourense e Vigo (fixada nesta cidade a capital provincial tras longa discusión):
Configuración definitiva do territorio galego
Pero un novo retroceso na consolidación da división provincial galega opérase no 1823. Vólvese ás vellas institucións. Galicia volve a concibirse como unha unidade provincial.O Real Decreto do 30 de Novembro do 1833 consolida a partición de Galicia en catro provincias cun cambio substancial: O traslado da capitalidade de Vigo a Pontevedra. Esta división de 1833 resulta bastante equilibrada. As provincia galegas eran relativamente parellas en extensión e aínda en poboamento. Dende estas datas a división provincial de Galicia non sofre modificación. A extensión fixada no 1833 é a actual:
A Coruña : 7.876 km2
Lugo : 9.881 km2
Ourense: .7.278 km2
Pontevedra: 4.477 km2
As provincias van vivir durante
todo este século unha profunda mutación do seu carácter que vai dende a súa
inicial configuración, como instrumento centralizador ó servicio dunha
administración racional regular e eficaz, ata a súa definitiva personificación
como entidades locais.
Fronte a esta división provincial do territorio galego houbo intentos de superación: un deles foi o sistema autonómico do estatuto do 1936. Outro foi o suscitado polo Real Decreto do 18 de Decembro do 1913 polo que autoriza a constitución de Mancomunidades Provincias.
Aínda tendo en conta estes intentos de superación, a división física do territorio operada no 1833 non vai experimentar ningunha modificación.
Fronte a esta división provincial do territorio galego houbo intentos de superación: un deles foi o sistema autonómico do estatuto do 1936. Outro foi o suscitado polo Real Decreto do 18 de Decembro do 1913 polo que autoriza a constitución de Mancomunidades Provincias.
Aínda tendo en conta estes intentos de superación, a división física do territorio operada no 1833 non vai experimentar ningunha modificación.
-
BIBLIOGRAFÍA CONSULTADA: "Historia de Galicia", Ramón Villares.
Disponivel em: http://www.galiciaespallada.com.ar/galicia_catro_provincias.htm.>
Acessado em 14/12/12.
Enviado por Moisés Dias
No hay comentarios:
Publicar un comentario