Os medios de comunicación son os que permiten ou se
encargan de transmitir información. Os medios de comunicación individual
principais son: correo, teléfono, telégrafo, telex, fax…Mediante eles pódese
intercambiar información personalmente ou entre grupos reducidos de persoas.
Os medios de comunicación de masas permiten soamente
emitir información dun grupo a gran cantidad de individuos. Os principais son:
-
Medios de comunicación
escritos: xornais, libros, revistas.
-
Medios de comunicación
falados ou / e pola imaxe: radio, televisión, cine.
-
Publicidade
escrita, falada ou pola imaxe
Médios de Comunicación Escritos de Galicia com Periodicidade
de Saída Regular
Xornais Revistas
O Correo Galego A
Nossa Terra
El
Correo Galego La
Región Internacional
Faro
de Vigo Economía Galega
Atlántico
Diario Natureza
Galega
La
Voz de Galicia Grial
(Cultura)
El
Ideal Gallego Revista
Galega de Educación
La
Región Encrucillada
Medios de Comunicación
Falados ou / e pola Imaxe en Galicia
Radio TV
Radio Galega Televisión de Galicia (TVG)
SER Televisión Española en Galicia (TVE)
COPE Galicia (TVE)
Radio Galega Televisión de Galicia (TVG)
SER Televisión Española en Galicia (TVE)
COPE Galicia (TVE)
Radio
Voz
Onda
Cero
Instalacións da Televisión de Galicia (TVG)
nos arredores de Santiago de Compostela
A Industria Galega
Galícia
esta pouco industrializada, xa que segue sendo um pais com economía baseada na
agricultura e na pesca. Non se obteñen, agás raros casos, productos derivados
do sector primário mediante
transformación industrial.
As
industrias máis importantes, polo seu volume de producción e man de obra
empregada, son:
-
A construcción Naval, cos principais estaleiros nas rias de Vigo e Ferrol.
-
As conservas de peixe, distribuídas por toda a costa.
-
A enerxía elétrica, principalmente de orixe hidráulica.
-
Os refinados de petróleo, em A Coruña.
-
A obtención de alumínia-aluminio na costa cantábrica.
-
As cerámicas e materiais de construcción.
-
A fabricación de automóbiles, en Vigo.
-
Os matadoiros industriais.
-
A madeireira, que se estende por todo o país.
Tamén
son dignas de mensión as industrias de confección, carburos metálicos,
fertilizantes e praguicidas, aluminio, celulosa, productos químicos e
farmacéuticos, artes gráficas e, actualmente, as relacionadas côa alta
tecnoloxía e as telecomunicacións.
Características da Industria Galega
-
O Minifundismo. Empresas de tipo familiar com alto grão artesã.
- Estructura
Anticuada. Maquinaria envellecida, organización e administración deficiente,
tecnoloxía rudimentaria…
- Ausencia de
Integración co sector primario. A pesar do gran volumen de productos
hortofrutícolas, non existen practicamente en Galicia industrias tranformadoras
dos mesmos.
-
Ciclo Productivo Incompleto. Realízanse só as primeiras transformacións, como
ocorre, por exemplo coa madeira: obtense a pasta de papel e tranfórmase em
papel fora de Galicia.
-
Escasa Relación entre os Distintos Sectores da Industria. No sector de
automóbil, poñamos por caso, a industria principal ten que recorrer a
industrias auxiliares de fóra de Galicia.
-
Desequilibrada Localización. Na Galicia interior case non existen centros fabrís,
mentres que em certas zonas costeiras hai unha relativa abundancia, como é o
caso de Vigo, A Coruña e Ferrol.
Factoría Madeireira
Mapa Industrial de Galicia
Para
corixi-las notables deficiencias da industrialización galega é necesario, entre
outras accións, as seguintes:
-
Crear numerosas industrias de tipo médio, que transformen os productos
agrícolas, gandeiros, pesqueiros e mineiros, distribuídos por todo o país.
-
Establecer complexos industriais que realicen o ciclo productivo completo.
-
Impulsa-lo desenvolvemento simultâneo e equilibrado da industria e da
agricultura.
- Instalar novos
centros de formación profesional e de investigación e planificación industrial.
- Mellora-las
comunicacións.
- Utilizar
plenamente os recursos existentes: auga, enerxía, man de obra, materias primas…
- Substituí-lo
anticuado equipo industrial e moderniza-la tecnoloxía e os sistemas de
organización.
- Perfeciona-las
técnicas comerciais e abrir novos mercados.
As industrias
que verdadeiramente interesan, por crearen moitos postos de traballo e non
seren contaminantes, son:
-
Transformadoras
de productos agrícolas, gandeiros, pesqueiros, marisqueiros e mineiros.
-
Pensos.
-
Maquinaria agrícola
e pesqueira.
-
Forxa e
fundición.
-
Laminado de
aluminio.
-
Fabricación de
automóbiles.
-
De alta
tecnologia.
-
(...)
Disponível em Xeografía e Historia 2 ESO. Manuel A.; Fernández Domínguez; Antón Rozas Caeiro; Mercedes Rozas Caeiro; Eduardo H e Seco Pérez, 1997. Edicións Xerais de Galicia, S.A. 1997 Madrid.
Enviado por Sabryna Rocha de Oliveira Soria.




No hay comentarios:
Publicar un comentario