No lugar de Cerqueriras, da parroquia de Santa
Cristina de Vea, concello da Estrada, e de fronte da capela da Gándara, adicada
á Virxe de Aránzazu, atópase un cruceiro barroco de boa arte popular. Ten no varal
de sección poligonal a figura dun frade francisco con palma na man dereita, que
ben puidera se San Antonio, aínda que sen neno. Na cruz se presenta a Cristo
encravado por unha banda e, po-la outra, á Virxe triunfante, cos brazos abertos
como no pasamento da Ascensión, con anxo todoó redor.
No basamento ten este epígrafe:
JUAN DE PORTO Y CATALINA DE
RIBEIRA SU MUGER PAGARON ESTA OBRA AÑO 1742
Nunha das faces do varal, estoutro bastante comesto xa
po-lo tempo:
ANTE ES/TE CRUCE/RO.....
VN/....... SALVE/....... APEDIMIº/DE QUIEN/ LO MANDÓ/
/HACER AÑO /DE 1747
Os veciños do lugar Francisco Barcala Sinde e Xosé
Barcala, duns corenta e cinco anos, contáronnos a lenda do erguemento do
cruceiro manifestando que, condo o lugar de Cerqueiras era todo unha
carballeda, había moitos lobos nel, e certo día as feras levaron unha meniña
filla de Xan do Porto e Catalina de Ribeira, que figuran na inscrición do
cruceiro. Buscaron os pais a nena inzados de dor, sen atopa-la por ningures.
Acudiron entón á Virxe que na capela recibe homenaxe e pregaron acesamente.
Cando voltaron buscar deron coa nena viva e sá, acariñando un lobo morto que
tiña á beira. Os pais, agradecidos, fixeron erguer o cruceiro que alí está.
BOUZA BREY, Fermín. 1932. "Léndaa de lobos do
Cruceiro de
Gándara", en Nós, nº 98, Ourense.
Disponível em:
<http://www.lendas.galiciaespallada.com.ar/lendas_pontevedra_os_lobos_do_cruceiro_da_gandara.htm
> acesso em 02 de Nov 2012.
Enviado por Maria Nielma G.
Belo

No hay comentarios:
Publicar un comentario