Unha lenda é unha narración, oral ou escrita, de
aparencia histórica pero cunha maior ou menor porporción de elementos
fantásticos de tipo mitolóxico ou imaxinativo. A diferenza dun conto, unha lenda ten un carácter
máis trascendente ao transmitir a cosmovisión dun grupo humano que funciona
como mito pero que ten unha localización espacial e a miúdo tamén temporal.
Descrición
Unha lenda está xeralmente relacionada cunha persoa ou
unha comunidade, ou cun monumento, un lugar ou un acontecemento, do cal se
pretende explicar a orixe (lendas etiolóxicas). A miúdo agrúpanse en ciclos
arredor dun deses temas. Por exemplo, o Ciclo Artúrico, ou o ciclo de lendas
arredor de Robin Hood, do Cid Campeador, etc.
Conteñen case sempre un núcleo basicamente histórico,
ampliado en maior ou menor grao con episodios imaxinativos. A aparición dos
mesmos pode depender de motivacións involuntarias, como erros, malas
interpretacións (a chamada etimoloxía popular, por exemplo) ou esaxeracións, ou
ben da acción consciente dunha ou máis persoas que, por razóns interesadas ou
puramente estéticas, desenvolven o embrión orixinal.
Cando unha lenda presenta elementos tomados doutras
lendas falamos de contaminación.
Disponível em:
http://gl.wikipedia.org/wiki/Lenda.
Acesso em: 02 de Nov 2012
Enviado por Maria Nielma G.
Belo
No hay comentarios:
Publicar un comentario